Unha monxa, unha puta, unha
moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres
dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións. Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela
con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir
contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se
converte na confesión e testamento literario da autora.
Que vos parece? Esta é a
novela que imos comentar no noso próximo club de lectura: Aqueles días en que
éramos malas, de Inma López Silva. O devandito club terá lugar o xoves 23 de febreiro
ás 20h na nosa Axencia e contará coa presenza da autora. Que emoción!!!
Se a alguén inda lle queda a
máis mínima dúbida de vir deixamosvos aquí un comentario sobre o libro: https://lecturafilia.com/2016/07/18/aqueles-dias-nos-que-eramos-malas/
Todo isto grazas á
colaboración da Biblioteca escolar do IES Johan Carballeira, da librería Miranda,
da A.VV. A Morada e do Concello de Bueu
Ningún comentario:
Publicar un comentario