Club de lectura

         


Unha monxa, unha puta, unha moza colombiana e unha funcionaria de prisións comparten o módulo de mulleres dun cárcere e viven xuntas encerro, rebelións, lembranzas e emocións. Así o relata Inma, a escritora que compartiu cela con elas e que non se resiste a vencer a súa incapacidade para escribir contando a vida de cando foron malas, unha historia que, pouco a pouco, se converte na confesión e testamento literario da autora.

Que vos parece? Esta é a novela que imos comentar no noso próximo club de lectura: Aqueles días en que éramos malas, de Inma López Silva. O devandito club terá lugar o xoves 23 de febreiro ás 20h na nosa Axencia e contará coa presenza da autora. Que emoción!!!
Se a alguén inda lle queda a máis mínima dúbida de vir deixamosvos aquí un comentario sobre o libro: https://lecturafilia.com/2016/07/18/aqueles-dias-nos-que-eramos-malas/


Todo isto grazas á colaboración da Biblioteca escolar do IES Johan Carballeira, da librería Miranda, da A.VV. A Morada e do Concello de Bueu













           Olaaaaa! Xa temos o próximo clube de lectura marcado. Será o 12 de xaneiro ás 20:00h e imos conversar sobre o libro "Del color de la leche", escrito por Nell Leyshon.

           Mary, unha nena de quince anos que vive coa súa familia nunha granxa da Inglaterra rural de 1830, ten o cabelo da cor da leite e naceu cun defecto físico nunha perna, pero logra escapar momentáneamente da súa condena familiar cando é enviada a traballar como criada para coidar á muller do vicario, que está enferma. Entón, ten a oportunidade de aprender a ler e a escribir, de deixar de ver «sólo un montón de rayas negras» nos libros. Pola contra, conforme deixa o mundo das sombras, descobre que as luces poden resultar incluso máis cegadoras, por iso, a Mary só lle queda o poder de contar a súa historia para tratar de atopar sosego na palabra escrita.

             En Del color de la leche, Nell Leyshon recreou cunha beleza tráxica un microcosmos apabullante, poboado de personaxes como o pai de Mary, que maldice á vida por non darlle fillos varóns; o avó, que se finxe enfermo para ver a súa querida Mary unha vez máis; Edna, a criada do vicario que garda tres sudarios baixo a cama, un para ela e dous para un marido e un fillo que non ten; todo iso, enmarcado por un entorno bucólico que flue ao compás das estacións e as labores da granxa, que cobra vida cunha inocencia desgarradora grazas ó empeño de Mary de deixar un testimonio escrito do destino adquirido, ao cal xa non ten a menor posibilidade de renunciar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario